https://cflvdg.avoz.es/sc/mjLi98_9Ysf7vReIJT3KpFU7Q4w=/x/2020/05/29/00121590754502198638148/Foto/XY29C5F2_141325.jpg
Xaime Ramallal

A Mariña: Ana Pontón pide en San Cibrao "a intervención pública de Alcoa para salvar  a fábrica", ao igual que o comité

A portavoz do BNG mantivo un encontro con alcaldes e sindicalistas da Mariña; todas as forzas sindicais, CIG, UGT e CC.OO. piden apoio ás mobilizacións que se decidan

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desprazouse até o concello de Cervo na Mariña para manter un encontro cos alcaldes, alcaldesas e responsables políticos do BNG na comarca para analizar a situación da Alcoa, instando "a unha mobilización social e institucional para evitar o peche da factoría de San Cibrao".

 "Cando está en xogo o futuro dunha comarca e centos de postos de traballo no país, non valen nin vacilacións, nin medias tintas, nin quedarse no reparto de culpas: O que se necesita é unha solución inmediata, non mañá, nin pasado, hoxe e traballar desde xa para conseguila. E iso é o que propón o BNG: intervención pública de ALCOA por parte do Estado e da Xunta, nacionalizar a empresa, para garantir o mantemento da produción e dos postos de traballo", salientou Pontón. Nisto coincide co comité de empresa, que cre fundamental neste momento a intervención pública en Alcoa, tal como propuxo o vicepresidente do Goberno.

 Ana Pontón considera que é perfectamente posible se hai vontade políticia e basta de excusas “porque a xente está farta de tanta retórica partidista, urxen solucións e neste caso a solución é: intervención de ALCOA, rescate da comarca da Maria e de centos de empregos no país", alegou.

Por outra banda esta mañá tanto CIG, como UGT e CC.OO. da Mariña piden apoio ás mobilizacións que se decidan en defensa do emprego na fábrica.