https://cflvdg.avoz.es/sc/KsbMjzg5phJuOwibKOnNsduW978=/x/2020/05/28/00121590679802396689751/Foto/MY29C3F2_172826.jpg
Una reunión de la directiva del grupo de desarrollo rural, en una imagen de archivoALBERTO LÓPEZ

Lemos: El GDR Ribeira Sacra-Courel estudiará medidas de reactivación económica

La Xunta pide a los gestores del Leader que aporten ideas e iniciativas contra la crisis

by

El grupo de desarrollo rural Ribeira Sacra-Courel convocará próximamente una reunión para estudiar la puesta en marcha de iniciativas encaminadas a reactivar la economía en los municipios que forman parte de la entidad, en respuesta a una petición formulada por la Consellería do Medio Rural en un encuentro telemático que mantuvo el miércoles el titular de este departamento, José González, con los representantes de los GDR gallegos. En la reunión -según indican desde el referido organismo-, el conselleiro pidió «colaboración para concretar medidas a prol da reactivación económica e social do noso agro, dentro do seu ámbito de actuación, para superar as dificultades provocadas pola emerxencia sanitaria».

En el curso del encuentro digital -apuntan asimismo desde la consellería-, se habló de la posibilidad de impulsar medidas «relacionadas con sectores como o agroalimentario, o gandeiro, o forestal, o turístico, o ambiental ou o do pequeno comercio». El conselleiro señaló además que los grupos de desarrollo local «son asociacións pegadas ao territorio que funcionan cunha dinámica de traballo participativa, de abaixo-arriba, implicando a toda a sociedade na toma de decisións e tendo como base os recursos locais, a colaboración e o traballo en rede, buscando a innovación e facilitando procesos de cambio no rural».

Implicación en otros ámbitos

Desde el GDR Ribeira Sacra-Courel indican que la consellería pide a estos organismos que para hacer frente a la actual situación se impliquen en otros ámbitos que vayan más allá de su función habitual -aplicar las estrategias europeas de desarrollo local participativo- y utilicen su experiencia para trazar y proponer ideas e iniciativas que puedan contribuir a la recuperación de la economía y el empleo en los territorios donde actúan. «Por un lado, hai que seguir impulsando as iniciativas que xa están en marcha nos nosos municipios dentro do Leader e por outro, hai que intentar poñer en marcha outras actuacións que axuden a que o noso medio rural soporte a crise», explican.

El organismo convocará una reunión especial en el plazo de un par de semanas

«Esperamos poder facer unha contribución importante»

O alcalde de Bóveda e presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel, José Manuel Arias, sinala que a data de celebración do próximo encontro do grupo de desenvolvemento rural non está fixada, pero calcula que a reunión poderá levarse a cabo nun prazo aproximado de dúas semanas. Aínda está por decidir tamén se o encontro será presencial ou telemático.

-Que impresión sacou do encontro co conselleiro de Medio Rural?

-En primeiro lugar, creo que o máis importante que cómpre destacar é o compromiso que expresou a consellería de seguir desenvolvendo e financiando accións do plan Leader nos anos 2021 e 2022. Nunha situación tan complicada como esta, todas as axudas que poida recibir o noso medio rural son de moito valor. Un aspecto que tamén nos pareceu moi interesante, pero que aínda está en estudo, é a posibilidade de que os promotores de proxectos xa aprobados para recibir axudas do Leader que non poidan realizarse este ano a causa da crise sanitaria ou por outros motivos non sexan sancionados. É dicir, intentarase que eses promotores poidan seguir desenvolvendo os seus proxectos aínda que non se cumpran os prazos iniciais. Hai que mirar primeiramente se na nosa zona e nos outros GDR hai promotores que tiveron que suspender ou aprazar os seus proxectos debido às circunstancias actuais ou a outros problemas que puideran xurdir durante este período, e despois estudarase a maneira de axudalos a seguir adiante con esas iniciativas.

-En que terreos cre que pode actuar o GDR Ribeira Sacra-Courel dentro deste contexto?

-Por exemplo, pode botar unha man para impulsar as iniciativas de desenvolvemento rural que a Xunta xa ten en marcha neste territorio, como os bancos de terras e o plan de aldeas modelo. Pódense tamén estudar e propor medidas para axudar dentro do posible ás empresas de alimentación, de turismo e doutros sectores, a aproveitar mellor recursos propios como os soutos do Courel, a impulsar a comercialización dos produtos locais. a fomentar o comercio de proximidade... Hai varias posibilidades que estamos estudando e, polo que se falou no encontro co conselleiro de Medio Rural, vanse axilizar ao máximo as liñas de diálogo entre os representantes dos GDR e a Xunta, así que esperamos poder facer unha contribución importante para axudar a superar esta situación e a paliar dentro do posible os efectos negativos da crise.

-Na reunión participarán só os integrantes da xunta directiva?

-Aínda non está decidido, pero é posible que no encontro participen outros axentes sociais e económicos do territorio, ademais dos membros habituais da directiva do GDR. Iso é algo que se dará a coñecer antes de que se convoque formalmente a primeira reunión.