https://cflvdg.avoz.es/sc/b6wHk283e5f1AO5xFtThbhINLGE=/x/2019/11/29/00121575027181897266361/Foto/LN29P1F1_123157.jpg
OSCAR CELA

Lugo: Este domingo entra en vigor o novo horario dos piscinas municipais de Lugo

Frigsa abrirá ás sete da mañá e As Pedreira non pechará ao mediodía e abrirá os domingos pola mañá

Este domingo entrará en vigor o novo contrato para a xestión das instalacións deportivas municipais que, entre outras melloras, inclúe a ampliación de horarios has piscinas municipais de Frigsa e as Pedreiras. «Dende o 1 de decembro as piscinas cubertas de Frigsa abrirán as súas portas ás 7 da mañá, unha hora antes que ata o de agora, para que os usuarios poidan facer uso delas, se o desexan, antes de ir traballar. E no caso das Pedreiras, as instalacións non pecharán ao mediodía en días laborais e poderán empregarse tamén os domingos pola mañá», sinala o concelleiro de Deportes.

Miguel Fernández indica que os pregos que rixen a nova adxudicación foron realizados tendo en conta as necesidades da cidadanía co obxecto de poder ofrecer un servizo máis eficaz. «Non só falamos de aumentar o horario senón tamén doutras cuestións igualmente relevantes como a limpeza da totalidade das dependencias incluído pavimento, portas, fiestras e cristais, mobiliario, zonas e beirarrúas exteriores ou o correcto mantemento das instalacións e das zonas verdes, a mellora da atención ao público, o seguimento das queixas e suxestións realizadas así como o incremento dos medios dispoñibles para dar unha resposta áxil as posibles incidencias que poidan producirse», concluíu Miguel Fernández.